Hacktoberfest 2026

Que é o Hacktoberfest?

O Hacktoberfest é un evento anual organizado por DigitalOcean para promover o código abierto. Con HacktoberfestES queremos adaptar o evento global á comunidade de fala hispana e facilitar a participación selecionado algúns proxectos e creando espazos e atividades onde a xente se coñeza e poida aprender.

O Hacktoberfest de coruña desta edición está organizado por:

  • Python Coruña
  • GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux)
  • GDG A Coruña (Google Developers Group A Coruña)
  • Python España

Quen pode participar?

Todos os niveis e linguaxes de programación son benvidos. Non pasa nada se es primeirizo/a: este evento existe precisamente para axudar á xente novata a salvar a barreira das primeras contribucións.

Podedes ver máis información sobre o HacktoberfestES nesta ligazón: https://hacktoberfestes.dev/

Programa do evento

HoraActividade
10:00-10:30Charla introdutoria, https://pythoncoruna.github.io/resources/2026/10/Hacktoberfest-2026-slides.pdf
10:30-11:00Explicación proxectos propostos
11:00-12:00Coffee Break
12:00-14:00Realización proxectos propostos
14:00-16:00Comida
16:00-18:00Realización proxectos propostos
18:00-19:00Coffee break
19:00-20:30Realización proxectos propostos
20:30-21:00Despedida e peche do evento

Proxectos

Na edición deste ano contamos con 9 proxectos que se estiveron desenvolvendo durante todo o día e chegaron a realizar a presentación dos mesmos.

ProxectoDescriciónLigazón
Elixe a tua propia aventuraProxecto web, baseado nun arquetipo que tamén se desenvolveu no Hacktoberfest, no cal se poden xerar historias nas que a lectora pode tomar decisións sobre o relato, polo que cada lectora escolle a súa propia aventura.https://github.com/p-carrillo/template_box
Q-CaptainTrátase dun proxecto de aprendizaxe reforzado, na cal se simula un barco autónomo vai navegado por un escenario e esquivando obstáculos seguindo modelos nos que o propio barco toma as decisións sobre que traxectorias tomar.https://github.com/mateo-diaza/autonomous-boat-rl
Fit-itProxecto no que se desenvolveu unha ferramenta que actua como proxy entre o usuario e unha aplicación web permitindo personalizarlas mediante o uso da IA para incorporar novas funcionalidades ás aplicacións.https://github.com/Martinhdeez/fit-it
SmartLootProducto que tes na casa e queres vender, un Trátase dunha aplicación asistente de vendas mediante a cal se poden realizar comparativas en aplicacións de terceiros e axuda no proceso de vendahttps://github.com/adrianbndev/SmartLoot
KiwuAplicación web de xestión mediante a cal se pode realizar comandas e pedidos dunha cafetería que conta con varios roles (quiosco, encargado de tenda, cliente)https://github.com/raulmouzo/kiwu-club
OutsIDETrátase dun IDE (Entorno de Desenvolvemento Integrado) web que permite desenvolver proxectos de software madiante calquera tipo de dispositivo que conte con conectividade a Internet, teléfono móbil, tableta ou computadora.[https://github.com/Mouzotech](Usuario de GitHub de Iván Mouzo)
Chatbot Obrador MelUn asistente chatbot con IA local para un obradoiro de pastelería, mediante esta ferramenta pódense lanzar peticións a un obradro, como solicitar pedidos, ver a carta, consultar prezos, …Aínda non publicado
UniroomUnha aplicación de xestión hoteleira que permite coordinar e centralizar varias canles de reserva, plataformas hoteleiras e diferentes formas de contacto externas. Toda esa información recopílase nunha base de datos unificada e poden realizarse consultars e peticións mediante un asistente chatbot.https://github.com/cortins-05/PythonCoruna2026

Agradecemos a tódolos participantes que se uniron ao evento e teñan compartido o su entusiasmo por Python. Foi unha oportunidade única para conectar con outros entusiastas da comunidade e aprender programando. Grazas a todos por formar parte desta xornada inesquecible! Agardamos vervos en futuros eventos e seguir enriquecendo a nosa comunidade Python.