Novembro 2023
Xornada de charlas sobre “Type Hints con Python” e “Xeradores e Iteradores”.
Na primeira charla, Pedro cóntanos como funcionan os Type Hints en Python e como nos axudan a espcificar mellor o tipado dos nosos programas.
Na segunda charla, Alejandro cóntanos en qué consisten os iteradores e xeradores, como se implementan en Python e detalles do seu funcionamento.
Se non puideches asistir ás charlas, non te preocupes. Podes ver os vídeos na canle de Youtube de Python Coruña:
Foi un pracer compartir estas xornadas con todas as persoas que vos achegastes para aprender, participar, preguntar e, sobre todo, gozar de Python. Cada charla e cada conversa contribuíron a crear un espazo para compartir coñecementos, descubrir ideas novas e coñecer outras persoas coa mesma curiosidade e paixón pola tecnoloxía.
Moitas grazas por ser parte desta xornada! Agardamos volver coincidir en próximos encontros, seguir aprendendo xuntas e facendo medrar esta comunidade que dá sentido a iniciativas coma esta.