Outubro 2023
Xornada de charlas sobre “Introdución á programación orientada a obxectos con Python” e “Python Introspection e Evasión de Sandboxes”.
Na primeira charla, Martín ofreceunos unha sinxela presentación sobre POO (Programación Orientada a Obxectos) en Python dirixida a xente cun nivel básico de programación.
Na segunda charla, Eloy amósanos, nunha charla titulada “Python sandboxing e maxia negra” como NON se debe facer unha sandbox e o fácil que resulta atacala pra alguen con enxenio e coñecementos. Python é unha linguaxe moi dinámica e accesible, demasiado…
Se non puideches asistir ás charlas, non te preocupes. Podes ver os vídeos na canle de Youtube de Python Coruña:
Agradecemos a todos os participantes que se uniron ás nosas charlas e compartiron o seu entusiasmo por Python. Foi unha oportunidade única para ampliar os coñecementos e conectar con outros entusiastas da comunidade. Grazas a todos por formar parte desta xornada inesquecible! Esperamos verte en futuros eventos e seguir enriquecendo a nosa comunidade Python.