Setembro 2023

Volvemos das vacacións de verán e facémolo ao grande con unha charla patrocinada pola xente de YepCode .

Fixeron una pequeña introdución da sua ferramenta e mostráronnos con un par de casos de uso prácticos (un deles usando a API de OpenAI que está tan de moda últimamente) o útil que pode ser tanto para desenvolvedores que están dando os seus primeros pasos como para xente con máis experiencia. Ademais convidáronnos a uns pinchos e bebidas durante a charla.

Tamén sorteamos un par de licenzas anuais (que nos cede a xente de JetBrains ) para que poidades usar calquera dos seus produtos (preferentemente PyCharm, que para iso o grupo é sobre Python).

Por último, pero non menos importante, tamén se sortearon duas entradas para a Atlántica Conf 2023 que se celebrará os días 22 e 23 de septiembre na Facultade de Informática de Coruña.

Para cualquera detalle adicional sobre o evento podedes consultarnos por calquea dos métodos listados no noso Linktree .

Grazas a todos por formar parte desta xornada inesquecible! Con esta charla iniciamos a tempada 23/24 de Python Coruña!