Código Covid19

En relación ás medidas de seguridade COVID-19:

En primeiro lugar, sábese que, non momento de escribir o presente texto, en España non é obrigatorio o uso de máscaras (excepto en hospitais, farmacias e centros de saúde), xa que un gran porcentaxe da poboación foi vacinada para garantir a inmunidade colectiva.

De todos os xeitos, para que todos os asistentes presenciais se sintan seguros, solicitamos que todas as persoas estean totalmente vacinadas ou recuperadas (pauta completa). Por favor, abstéñase de vir ao evento se se sente mal, tentamos que o noso contido estea accesible vía internet, xa sexa en directo ou como gravación despois do evento.

Observe que non todos os participantes usarán máscaras. Se iso o preocupa, por favor, avísenos e pediremos que lle respecten á sua petición á sua chegada, pero non podemos garantir que todos sigan a recomendación. Ademais, as persoas quitan as máscaras pra comer e beber.

Tamén tomamos isto en serio e esta organización está comprometida a contactar todos os asistentes, se un deles informa dun contagio COVID-19.

Na medida do noso alcance, faremos todo o posible pra que haxa máscaras sanitarias e hidroxel a disposición de todo aquel que o solicite.

Por favor, fáganos saber se ten outras ideas sobre como podemos axudalo a asistir a eventos en persoa.